CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Nerea Jiménez abre o SilFest Valdeorras 2025 cun fermoso concerto de Bandas Sonoras na praza Maior do Barco

 

Con bandas de renome e ampla traxectoria como Biznaga ou Heredeiros da Cruz nesta 9ª edición o SilFest Valdeorras “toca teito”, en palabaras do seu codirector, Jorge Álvarez, aínda que manteñen a liña de tirar tamén de bandas emerxentes e locais como Mrs. Fine, Pándega ou Nerea Jiménez.

 

 

E precisamente esta última, membro de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras), era a encargada de abrir a programación musical do festival deste ano cun concerto gratuíto na praza Maior do Barco, na noite do mércores 3 de xullo.

 

 

Diante dun atento público a xove intérprete, acompañada ás veces polo teclado, fixo un fermoso percorrido por algunhas das bandas sonoras máis destacadas do cinema musical e tamén infantil. Dende a mítica Titanic ata Rapunzel, que interpretaba con proxeccións audiovisuais de fondo.

 

 

A mellor forma de abrir unha das edicións máis completas e contundentes do SilFest que continúa hoxe con outras dúas actividades abertas e gratuítas: a conferencia musical El amor y otros monstruos ás 20:30 horas no Teatro Lauro Olmo; e o concerto de Mrs. Fine ás 23 horas de novo na praza Maior do Barco.

 

 

Fotos e vídeos: A.R. e cedidos.

Back to top button