
As Festas de Ourense 2025 continuarán mañá, venres, 20 de xuño, cunha das citas musicais máis agardadas: o concerto de Nil Moliner, ás 23 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios. A música continuará neste espazo desde as 0:45 horas cunha sesión de DJ que se prolongará até as 3 da madrugada.
A programación festiva do venres complétase coas citas diarias da Feira do Libro de Ourense, no Parque de San Lázaro; o mercado medieval, nos exteriores do Pavillón dos Remedios; as atraccións festivas, na zona do Parque Barbaña; e a xincana de inchables, no Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina). Tamén mañá comezará o Torneo de Futbolín Máster de Ourense, exprés na modalidade de tenteo, ás 20 hORAS, no anexo do Pavillón.