En portadaÚltima hora

Nivel de alerta vermello por calor en Valdeorras para mañá 23 de xuño

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de no val do Miño e do Sil podería chegarse aos 40 graos

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa dun episodio de vaga de calor para mañá martes 23 de xuño e establece o nivel Vermello  na zona de Valdeorras.

Segundo informa Meteogalicia, “Galicia seguirá influenciada cunha masa de aire moi cálido, con temperaturas moi altas en zonas do interior por riba mesmo dos 33-34ºC, sendo o val do Miño e do Sil onde se poden chegar os 39-40ºC. No litoral os valores chegarán preto dos 30ºC”.

Dende Axega pídese á poboación que extreme as precaucións, especialmente entre a poboación máis vulnerable. Recoméndase manter unha boa hidratación, evitar a exposición ao sol nas horas centrais do día, permanecer en lugares frescos e prestar atención aos posibles síntomas dun golpe de calor.

Back to top button