EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

No magosto de Fontei (A Rúa) que se celebrará mañá, degustarán viño da Quinta da Peza

 

Na tardiña do sábado 1 de novembro celebrarase o magosto tradicional de Fontei (A Rúa). Estaba previsto para hoxe pero “como parece ser que vai chover, pasámolo pro día 1, Festa dos Santos á mesma hora”, explican dende a Asociación de Veciños de Fontei.

Así, a partir das 21 horas, os asistentes poderán degustar castañas asadas e este ano tamén viño mencía da Quinta da Peza. “O propietario desta gran adega e viñedos quere agradecer a axuda e preocupación de todo o pobo ante os incendios do pasado mes de agosto”, din dende a asociación, amosando a súa gratitude por este xeneroso detalle.

Back to top button