
O Padroado do Museo da Limia outorgará o Premio Pedra Alta 2026 a Noemí Vázquez Nogueiras, xerente de “A Arca de Noe”, pola súa labor de dinamización cultural no rural, cun proxecto que combina música, cultura, activismo e comunidade. Labor na que leva traballando dende hai máis dunha década en Vilar de Santos.
Esta maña no Liceo de Ourense, representantes da Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia (Xán Jardón, Presidente; Mercedes Veites, vicepresidenta e Noemí Vázquez Nogueiras, premiada), presentaron a IX edición do Premio Pedra Alta.

O acto terá lugar o vindeiro 28 de novembro, as 12h., no salón multiusos do Concello de Vilar de Santos, para posteriormente concluír cun espléndido xantar de confraternidade no Restaurante Novaiño (Sandiás). Quen desexe asistir ao xantar deberá inscribirse. A comida será custeada integramente polos asistentes.
O premio, unha réplica en granito da Pedra Alta, un menhir atopado na Lagoa de Antela, elaborada por Xosé Lois Carreira, entregarase no Salón Multiusos do Concello de Vilar de Santos, nun acto público con música e o xa tradicional xantar no Restaurante Novaiño.
