O Entroido toca ao seu fin e no Folión Os Viticultores de Vilamartín de Valdeorras celébrano xuntos. Aínda lles quedan dúas saídas, hoxe a Castro Caldelas e mañá a Quiroga (para participar no desfile aprazado hai unha semana pola chuvia), pero na noite do venres 20 de febreiro xuntábanse para cear.
Facíano na casa da escola, en Valencia do Sil, arredor dunha rica comida con doces incluídos e moita festa.


Fotos cedidas.