EconomíaEconomíaÚltima hora

Noite de celebración cos socios do CCA O Barco

 

Trala presentación por parte de Diana Ortiz, e da actuación da cantante Fátima Pego e da acróbata Reyna, os asistentes á primeira Noite Branca dirixida aos socios do Centro Comercial Aberto O Barco, compartían unha petiscada acompañada por viños da D.O. Valdeorras, unha calurosa noite á beira do río Sil, na praia fluvial do Malecón, no Barco que se estendía ata preto da medianoite.

 

 

Con esta festa o CCA O Barco que preside Jacobo Arias quixo expresar o seu “máis sinceiro agradecemento a todos os socios pola súa fidelidade e polo apoio incondicional que lle brindan á asociación día tras día. Grazas por formar parte deste proxecto e por seguir camiñando xuntos con tanta ilusión e compromiso”.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:

O CCA O Barco celebra a I Noite Branca de Socios, cunha festa á beira do río

Back to top button