ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

Noite de lume e desesperación en varias aldeas trivesas

 

A terrible pegada do incendio que afectaba a pasada noite ao municipio de Trives debuxaba está mañá un panorama desolador en aldeas que eran evacuadas polo risco á poboación. Un deses lugares afectados era Coba, onde ardía algunha edificación, e os hóspedes do establecemento Casa Agenor, que hoxe volvía funcionar, era desaloxados, tamén chegaba o lume a Somoza e a Anagaza, Penapetada e Pareisás.

 

Nesta galería de imaxes pode verse como estaban esta mañá estas e outras localidades, cuxos veciños vivían con verdadeira desesperación as últimas horas, temendo que o lume afectase ás súas propiedades.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Back to top button