CulturaCulturaÚltima hora

Noites de cine ao aire libre, no Barco

O programa inclúe cinco películas que se proxectarán cinco xoves de xullo e agosto, na praza Maior
A concelleira de Cultura do Barco e o presidente do Cine Club Groucho Marx, co cartaz das xornadas. /Foto: Mónica G. Bellver.
A concelleira de Cultura do Barco e o presidente do Cine Club Groucho Marx, co cartaz das xornadas. /Foto: Mónica G. Bellver.

Para disfrutar do cine nas noites de verán, está pensado o programa que a Concellería de Cultura do Barco e o Cine Club Groucho Marx veñen de presentar. Son as “Noites de cine”, unha iniciativa que inclúe a proxección de cinco filmes, noutros tantos xoves dos meses de xullo e agosto, na praza Maior do Barco de Valdeorras a partires das 22:30h.

Trátase dunha aposta máis do Concello do Barco polo cine “ao que queremos ofrecer un apoio incodicional porque para min si que é un arte” en palabras da concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, quen explicou que as películas que se proxectarán son “todas comerciais e moi recentes, e temos miscelánea de estilos: policiaca, para publico infantil, aventuras…” Pizcueta engadíu que “son todas en castelán xa que no ciclo De Perto o apartado de cine xa foi en galego e como levabamos tempo sen poñer cine comercial, queriamos ampliar a oferta”, ademais “as multinacionais non doblan as películas ao galego” engadíu o presidente do Cine Club José María Rodríguez.

A primeira proxección “La Isla mínima” película española moi galardoada, será o vindeiro xoves 16 de xullo; “El Hobbit III” poderá verse o 23 de xullo; “Un viaje de diez metros” o 30 de xullo; “La leyenda del martillo de Thor” o 6 de agosto; e “Relatos Salvajes” o 13 de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button