SanidadeÚltima hora

Nos próximos días 23 médicos accederán a unha praza fixa nos centros de saúde de difícil cobertura na provincia

― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación de aspirantes e puntuacións para proceder xa á elección de prazas, 72 en toda Galicia

Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Diario Oficial de Galicia, na súa edición de hoxe, publica a relación definitiva e puntuación dos 72 de aspirantes a unha praza de facultativo especialista de atención primaria con carácter fixo, pola vía de concurso de méritos sen exame, que na provincia de Ourense permitirá cubrir 23 prazas, de médicos, en centros de saúde de dificil cobertura, procedéndose xa o vindeiro día 18 de decembro á elección de prazas.

Por áreas galegas a oferta máis numerosa é a de Ourense, Verín e Valdeorras con 23 prazas; 15 en Santiago de Compostela e A Barbanza; 11 en Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 8 en Ferrol, 7 en Vigo; 5 na área de Pontevedra e O Salnés e 3 na Coruña e Cee).

“Co fin de axilizar a adxudicación de prazas, todos os aspirantes (incluídos os que non teñen a condición de seleccionados) poderán elixir as prazas da súa preferencia nun acto de elección telemático, para que, no suposto de quedar prazas sen adxudicar entre as médicas e médicos seleccionados, se poida realizar a selección dun novo aspirante pola orde de prelación que resulte da lista definitiva entre aqueles/as aspirantes que teñan elixido os destinos non adxudicados. Cómpre remarcar que o persoal MIR desta especialidade que terminou no mes de maio puido optar a estas prazas, sendo Galicia a única comunidade autónoma cun sistema de provisión de persoal sanitario que permite a un especialista médico rematar a residencia e ser persoal fixo nese mesmo ano. Ao respecto, hai tres facultativos especialistas de atención primaria que resultan adxudicatarios e remataron o período de residencia en 2023”, asegura o Sergas.

Así mesmo, Sanidade indica que Galicia segue a dar resposta á necesidade de “minimizar o déficit de persoal en atención primaria, namentres o Goberno central non reforma a lexislación do Estatuto Marco de persoal estatutario dos servizos de saúde, tal e como acordou por unanimidade o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde en abril de 2018”.

A través da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario do Sergas, a sanidade pública galega contará con 178 novos médicos de familia con praza en propiedade en postos de difícil cobertura e que terán atención ordinaria en centros de saúde e dúas gardas ao mes nos Puntos de atención continuada (PAC) de referencia, cun cun compromiso mínimo de permanecer nese posto durante dous anos.

Novas prazas por concurso-oposición

Ademais, a Consellería de Sanidade ampliará en próximas datas o prazo de convocatoria do concurso-oposición de médico de familia para incluír as prazas da oferta de emprego público de 2023 aprobada o pasado mes polo Consello da Xunta. Polo tanto, ás 150 prazas xa convocadas, sumaranse 121, facendo un total de 271 prazas ofertadas polo sistema de concurso-oposición nesta categoría.

“A Xunta continuará a materializar o seu compromiso de estabilización de emprego e desenvolverá os exames desta convocatoria no primeiro cuadrimestre do ano 2024”, adianta a consellería.

Relación de prazas da Área Ourense, verín, Valdeorras:

A.S. Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras A Pobra de Trives Maña Pobra de Trives, Castro Caldelas
A Pobra de Trives Maña Pobra de Trives, Castro Caldelas
Coles-Piñor Mañá Coles, Ourense
Xinzo de Limia Desprazable Xinzo de Limia
Punxín-San Amaro Mañá O Carballiño, Ribadavia
O Carballiño Desprazable O Carballiño
Calvos de Randín-Baltar Mañá Xinzo de Limia, Allariz, Celanova
Nogueira de Ramuín-Paderne Allariz Mañá Maceda, Ourense e Castro Caldelas
A Rúa-Larouco Mañá O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo
A Rúa-Petín Mañá O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo
Carballeda de Valdeorras-Rubiá Mañá O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo
Lobeira-Bande Mañá Celanova, Bande
Lobios-Entrimo Mañá Celanova, Bande
O Irixo-San Amaro Mañá O Carballiño, Ribadavia
O Carballiño-Beariz Mañá O Carballiño, Ribadavia
O Carballiño-Punxín Mañá O Carballiño, Ribadavia
O Barco de Valdeorras Mañá O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo
Verín-Laza Mañá Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita
Cualedro-Laza Mañá Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita
Viana do bolo-Vilariño de Conso Mañá Viana do Bolo
A Gudiña Mañá Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita
A Mezquita Mañá Verín, Zeu, A Gudiña, A Mezquita
O Barco de Valderras Desprazable O Barco de Valdeorras, A Pobra de Trives, Zeu, A Veiga e O Bolo

Artigos relacionados

Back to top button