Continúan as charlas informativas da Plataforma “Dereito ao Tren” polos concellos das comarcas afectadas pola supresión de frecuencias de alta velocidade na Estación Porta de Galicia da Gudiña. Así, os representantes da plataforma desprazábanse neste xoves 19 de xuño ata o Multiusos da Gudiña para manter unha xuntanza coa veciñanza.
Alí, expoñían os seus obxectivos e os posibles pasos ou accións a levar a cabo e incidían na relevancia de manterse unidos nas súas reivindicacións, que centran, entre outras cuestións, na recuperación dos servizos perdidos. “A unión de todos é realmente o que nos dá forza a nós a e á consecución dos dos obxectivos que queremos conseguir para que volva a parar o tren. Ese é un dereito que temos todos, que xa tiñamos e que nolo suprimiron”, dicían os representantes da plataforma.
Ademais agradecían a gran participación que tiña a gravación dun vídeo reivindicativo onte na Estació.
Tamén se referían á recollida de sinaturas de apoio, que continúan realizando, “unha mostra clara de que non estamos sós nesta loita por recuperar os trens que nos foron retirados”, din dende a plataforma. Tamén na Gudiña eran moitos os papeis de recollida de sinaturas que se repartían entre os asistentes á charla.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

