CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Nova clase de batería da man de AMAVA, o 18 de xaneiro no local de ensaio, en Calabagueiros (O Barco)

Clase de batería con Fabio VZ Drummer./ Foto cedida.

 

Novo ano, novos proxectos. Co inicio deste 2026 a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, AMAVA, retoma as actividades e só neste mes de xaneiro ten programadas tres.

A primeira será unha nova clase de batería con Fabio VZ Drummer para este domingo 18 de xaneiro a partir das 10 horas no local de ensaio, en Calabagueiros (O Barco). Será a terceira da man do mestre ponferradino para “aprender ou mellorar a técnica”, coma sempre con prazas limitadas.

 

 

O venres día 23 retomarán as Jam Session no Esconditte Inglés da Rúa a partir das 23:30 horas; e o sábado día 24 colaboran cun triple concerto no Skandalo do Barco a partir das 19 horas, no que actúan Wilson’s Band, Seika e Perro Futuro.

 

Back to top button