ConcellosEn portadaÚltima horaViana do Bolo

Nova concentración das traballadoras do SAF de Viana do Bolo o 9 de xullo

 

Tal e como adiantaban, as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Viana do Bolo, que están en folga indefinida dende o 16 de xuño, continuarán mobilizándose para pedir a licitación do servizo. Así, tras a concentración que tiña lugar onte, 2 de xullo na praza Maior da vila, anuncian unha nova acción reivindicativa.

Celebrarán unha nova concentración o vindeiro 9 de xullo ás 11h., tamén na praza Maior, “polos nosos traballos e por unhas condicións dignas”.

Back to top button