SanidadeÚltima hora

Nova concentración de Asilival diante do Hospital de Valdeorras este xoves

Foto: O SIL.

 

Unha semana máis, a Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) convoca unha concentración para pedir un neumólogo permanente no Hospital Público de Valdeorras. Será este xoves ás 11h. diante do hospital barquense.

Dende a asociación convidan a veciñanza a sumarse a esta mobilización e agradecen o apoio e participación da manifestación celebrada o pasado xoves 9 de outubro.

Back to top button