SanidadeÚltima hora

Nova concentración, desta volta no colexio de Viloira (O Barco), para pedir a cobertura das prazas de pediatría

 

Continúa o calendario de mobilizacións do colectivo de mais e pais que piden que se cubran as prazas de Pediatría en Atención Primaria no Barco de Valdeorras. Desta volta a mobilización realizábase na entrada do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira. Os participantes suxeitaban unha pancarta coa consigna “En Valdeorras pediatra xa”. Unha consigna que tamén coreaban os asistentes. Nesta semana haberá novas concentracións en centros de ensino do Barco.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button