O CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) celebraba neste 16 de xuño unha xornada especial. Tanto o alumnado como o profesorado e os pais e mais dos nenos acudían ao centro en bicicleta, con casco e equipados para compartir unha experiencia que mestura .
Así, a partir da nove e media da mañá comunidade educativa deste centro educativo subíase a bicicleta para celebrar unha nova marcha cicloturista. Precedidos pola pola Policía Local (que tamén regulaba o tráfico), cruzaban a ponte de San Fernando sobre o río Sil, continuaban pola zona vella da vila (rúas San Roque, Real e doutor Pérez Lista) para logo coller o Paseo do Malecón e enfiar cara a Raña, onde tiñan previsto dar a volta para regrasar, pola outra beira do río, pola estrada ata o colexio.
Esta actividade está incluída dentro do Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura.
Fotos cedidas.


