
Tal como anunciaba a veciñanza de Petín, o percorrido de onte en coche ata O Barco era a primeira mobilización de protesta contra o incendio no vertedoiro da Rúa que segue activo dende o pasado 15 de agosto.
A seguinte convocatoria será mañana, venres 29 de agosto á mesma hora (20 horas) coa intención de facer unha cadea humana que una Petín e A Rúa. “Os de Petín iniciarémola no cruce da rúa da Mata e continuará pola Ponte Nova ata onde chegue, sempre pola beirarrúa e deixando os cruces libres”, explican dende a organización, indicando aos que veñan da Rúa que poden empezar polo outro lado porque “oxalá foramos tantos que puderamos chegar ata a rotonda”.
Convidan a que os asistentes leven camiseta ou roupa negra para ir todos igual e cartulinas como as de onte. “Esperamos que non decaia o ánimo e que entre todos consigamos que a Xunta nos escoite” porque está claro que “o pobo salva ao pobo”.