ConcellosQuirogaÚltima hora

Nova obra na ruta dos murais de Quiroga na que se homenaxea aos que loitaron contra o lume no 2025

Román Linacero plasma a Enrique Diéguez, un veciño dos Albaredos que perdeu a súa casa nese gran incendio

Foto: RTM Quiroga.

 

A Ruta “Arte no Ar” de Quiroga vén de incorporar un novo mural ás súas manifestacións artísticas de grandes dimensións ao aire libre. Con esta nova obra promovida dende a Asociación Quiroga en Marcha, este singular itinerario de arte conta xa cun total de 15 murais.

Situado na rúa dos Tallos esta obra, titulada “Cando arde o monte e a alma” (2026), constitúe unha homenaxe a todos os que loitaron no gran incendio que asolou ao municipio no 2025. Román Linacero plasma a Enrique Diéguez, un veciño dos Albaredos que perdeu a súa casa nese gran incendio, co corazón en chamas por esa perda.

Back to top button