Na mañá deste sábado 8 de novembro o Santuario das Ermidas, no concello do Bolo, enchíase unha vez máis de visitantes, chegados dende diferentes partes de España.

Por un lado, o cento de participantes na I Ruta Canón do Bibei promovida polo Concello; e por outro un grupo que acudía dentro do programa Recorre Valdeorras e que era atendido polo guía custodio do Santuario de Nosa Señora das Ermidas, José Vega, que en cada visita explica con todo luxo de detalles, tanto a parte histórica como arquitectónica do tempo de orixe barroca.

Fotos: Carlos G. Hervella.