CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Nova vitoria para o CD Barco, 1-0 ante o Juv. Cambados, neste 14 de febreiro

 

Día de San Valentín, Sábado de Entroido e partido de liga. Son as tres citas que se xuntaban na tarde deste 14 de febreiro no campo municipal de Calabagueiros onde o CD Barco sumaba unha nova vitoria, a cuarta consecutiva, ante o Juv. Cambados.

Malia que o resultado non foi moi abultado (1-0), os vermellos daban mostra da melloría na actitude sobre o terreo de xogo, creando ocasións e logrando manter ata o final a vantaxe do gol anotado por Andrés Calvo no minuto 28.

A seguinte cita para o equipo de Agustín Ruíz será na Illa de Arousa contra o Celtiga FC.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button