Na mañá deste 12 de novembro retomábanse as concentración do colectivo de mais e pais que demanan que se cubran as prazas de Pediatría en Atención Primaria no Barco de Valdeorras. Desta volta a mobilización realizábase na entrada do CEIP Julio Gurriarán, onde Despregaban unha pancarta coa consigna “En Valdeorras pediatra xa”. Unha consigna que tamén coreaban os asistentes, berrando ademais que “Valdeorras existe”.
As convocantes da concentración agradecían a participación dos asistentes, entre os que estaban tenente de alcalde socialista do Barco, Aurentino Alonso; o deputado do BNG por Ourense, Secundino Fernández; e os concelleiros nacionalista no Barco, Manuel Agra, e na Rúa, Avelino Fernández.
As mobilizacións continuarán nesta semana con novas concentracións no exterior dos centros de ensino do municipio do Barco.
Imaxes: Antón García Gonçalves e Agustín González Alonso.