A RúaConcellosÚltima hora

Nove días de axuda na loita contra o lume en Manzaneda e Valdeorras por parte de voluntarios de PC A Rúa

 

Entre o 13 e o 21 de agosto vivíronse momentos moi duros por mor dos incendios no que a colaboración veciñal foi en moitos casos claves para salvar as casas das chamas. Neste aspecto foi tamen importante o labor das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil que axudaron en todo o que puderon.

 

 

No caso da AVPC da Rúa, trece voluntarios participaron durante eses nove días no operativo de loita contra o lume en Manzaneda e Valdeorras.

Ademais de colaborar na extinción, durante os días dos incendios atenderon dúas chamadas de Emerxencias 112 Galicia en dous accidentes de tráfico na Rúa, retiraron un niño de avespa velutina e estiveron cinco días no local de PC, na oficina de atención ao público en todo o que lle foi requerido.

 

 

Rematado o mes de agosto, o 1 de setembro ao aviso de Emerxencias 112 dous voluntarios acudían ata a rúa Travesía do Souto para eliminar e retirar outro niño de velutina que estaba no faiado dunha vivenda.

 

 

Fotos: AVPC A Rúa.

Back to top button