DeportesKárateÚltima hora

Nove medallas e un “Grand Winner” para o KC River Stone do Barco na final da Liga Galega de Karate

 

Co fin de curso remata tamén a Liga Galega de Karate. A final celebrábase na xornada do sábado 13 de xuño en Cedeira (A Coruña) onde o KC River Stone do Barco conseguía 9 medallas (3 ouros, 3 pratas e 3 bronces). Ademais, Diego Prada resultaba Grand Winner da Liga, en categoría kata cadete masculino avanzado.

 

 

Dende o club destacan tamén o quinto posto de Éric Rodríguez Carballo, e os sétimos de Marcos Méndez e Joaquín Alejandro Torrealba.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button