ConcellosPetínÚltima hora

Novo accidente de tráfico na estrada OU-533, na Portela (Petín)

Novo accidente de tráfico na OU-533 ao seu paso pola Portela (Petín). Menos de 24 horas despois de que un coche se saíse da vía, producíase un novo incidente na mesma estrada no que novamente se vía implicado un único vehículo.

Desta volta era unha furgoneta que, arredor das seis da tarde deste venres 8 de agosto, sufría un rebentón nunha roda o que provocaba que o condutor perdese o control do vehículo quedando atravesado no carril. Por sorte non houbo feridos.

 

 

Entre os medios desprazados ata o punto estaban Protección Civil de Petín, controlando o tráfico, e Conservación de estradas.

Fotos cedidas.

Back to top button