
Novo atropelo no Barco de Valdeorras. Dous días despois do accidente no que atropelaban a unha persoa no cruce entre as rúas Pescadores e Conde Fenosa, producíase outro similar, nesta ocasión na rúa A Rampa.
Tal como indican dende o 112 Galicia “o atropelo producíase contras as 10 horas á altura do número 26” e ata o lugar achegábanse os servizos de Urxencias Sanitarias 061, a Policía Local e o GES Valdeorras.