
Engarzada nun cordel que rodeaba oo tronco dunha das árbores do paseo fluvial do Malecón do Barco, aparecía na pasada primavera unha mensaxe gravada nun anaquiño de madeira. “Libre es, quien transformarse sabe”, dicía o seu texto, asinado por #Carteles errantes.
Pois nestes días, tamén no mesmo paseo fluvial da vila, pero noutro punto, aparecía un novo cartel. Colocado do mesmo xeito, pero para el escollíase unha árbore moito máis vella e cun robusto tronco. Desta volta o texto do carteliño di: “Es en el ser, no en el dar. Es en la locura del ser que encontramos la cordura del dar”. A sinatura é a mesma. E seguramente, non sexa o último carteliño.
