OurenseÚltima hora

Novo curso e novas actividades para os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense

 

Novo curso e novos proxectos para os Ecovixiantes de Franciscano de Ourense que comezaban este 2026/ 2027 con varias actividades.

Por unha banda entre o 16 e 22 de setembro celébrase a Semana Europea da Mobilidade e os Ecovixiantes realizan debuxos e carteis co lema “Mobilidade para todas as persoas”, que levan á Dirección Xeral de Tráfico. Ademais, o domingo día 20 participan na 40ª Edición do Día da Bici, e o martes 22 no Día sen Coches. “Promovemos unha mobilidade sostible e segura e hábitos de vida saudable”, aseguran dende o colectivo acompañado polos profesores Cristina e Lalo.

Nesta semana os Ecovixiantes realizaban tamén a primeira saída de recollida de cabichas, dentro da Campaña “O Mar Empeza Aquí”, na céntrica rúa de Celso Emilio Ferreiro xogando máis tarde ao futbolín na Casa da Mocidade.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button