
Como unha “invitación a explorar, crear e vivir nun lugar que fala a través da súa historia, da súa terra e da súa xente”. Así se presenta Habitar Drados 2025, un encontro de artes vivas, que na súa terceira edición busca “escoitar o territorio, deixarnos transformar por el e construír colectivamente o Drados (Chandrexa de Queirxa) do presente e do futuro”.
Durante tres días, do 8 ao 10 de agosto, artistas, creadoras e visitantes convivirán nun fogar momentáneo feito de accións, memorias e imaxinacións compartidas. “Será un espazo aberto á participación, ao encontro e á experiencia”, din dende a organización, adiantando que o aforo está limitado a 150 persoas e as entradas non son reembolsables. “As entradas adquiridas no propio evento terán un suplemento de 5 euros”, puntualizan.

Máis información:
colectivohabitarte@gmail.com
Instagram: @habitardrados