
A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nos últimas días en Galicia de 12 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 93 anos (procedente da Residencia A Carballa de Coles) que falecía o 31 de decembro no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Ademais perdían a vida en Galicia outras 11 persoas: un home de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) o 22 de decembro, unha muller de 91 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) o 30 de decembro, un home de 50 anos no Complexo Hospitario Universitario de Vigo (CHUVI) o 31 de decembro; así como unha muller de 79 anos (procedente da Residencia Servisenior de Brión) no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, un home de 89 anos no HULA e un home de 94 anos no Hospital de Burela o 1 de xaneiro; unha muller de 95 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, un home de 88 anos no CHUAC e un home de 88 anos no CHUVI o 2 de xaneiro; e unha muller de 84 anos no Hospital do Salnés e unha muller de 94 anos no Hospital Virxe da Xunqueira o 3 de xaneiro.
Todas as persoas falecidas, agás o home de 50 anos, presentaban patoloxías previas.