Os máis pequenos serán novamente os protagonistas do “Parque de Pascua”, unha ctividade lúdica que o Concello do Barco de Valdeorras organizará durante a Semana Santa na vila.

Como en anos anteriores contará con inchábeis de diversas formas e tamaños que se instalará do 1 ao 5 de abril no pavillón vello. O horario deste parque, cuxa entrada terá un custo de 3 euros (media hora), irá de 11 a 14 e de 16 a 20 horas.