DeportesÚltima horaVídeos

Novo rocódromo para O Barco, no pavillón municipal de Calabagueiros

 

Nun tempo récord, en apenas catro días, a empresa contratada polo Concello para tal fin, retiraba o vello rocódromo e instalaba o novo, no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras. O punto no que o alcalde Aurentino Alonso, presentaba a obra na mañá deste mércores 23 de setembro, acompañado por membros do Club Peña Trevinca Barco que facían unha demostración.

 

 

Cun orzamento de execución por contrata de 97.685,49 €, I.V.E. incluído e financiadas polo Plan provincial de cooperación da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2026, os traballos consistiron na colocación dun novo taboleiro de fondo e a restauración das pezas que se atopaban en mal estado, ou reposición, no seu caso, coas mesmas dimensións e características que as existentes actualmente, incluindo unhas colchonetas, dando como resultado un novo rocódromo, moderno e vistoso con diferentes cores en función da dificultade.

 

 

Todo elo levouse a cabo co obxectivo de seguir cumprindo as medidas de seguridade das normativas vixentes, e poder continuar coa actividade de escalada que se esta realizando, pero en mellores condicións, motivado polo auxe que está a ter este deporte, nos últimos anos, tal como indicaba o alcalde.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button