
Continúan a producirse roubos no Barco. Desta volta no quiosco do Malecón do Barco, situado á beira da praia fluvial. Cando o seu propietario acudía na mañá do pasado martes 15 de xullo a abrir atopábase con que unha porta dos dos laterais estaba forzada e o cristal esnaquizado nese punto.
No roubo leváronse o diñeiro que se gardaba no establecemento, ademais de producir danos materiais. O suceso xa foi denunciado perante a Garda Civil.