ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Novos aparcamentos públicos e gratuítos na vila de Viana do Bolo

 

O Concello de Viana do Bolo vén de informar da posta “en funcionamento” de dous novos aparcamentos públicos e gratuítos en dúas céntricas localizacións da nosa vila.

“Esta iniciativa busca facilitar o estacionamento tanto á veciñanza como ás persoas que nos visitan durante a época estival, contribuíndo a unha mobilidade máis cómoda e a unha mellor acollida de quen elixe Viana do Bolo para gozar do verán”, segundo indican dende o grupo de goberno local

Así mesmo dende o Concello exprésase o seu agradecemento “ás familias Arias Castells e Sotillo Rueda” pola súa “xenerosa colaboración coa cesión temporal destes terreos, destinados a un uso de interese público en beneficio de todas e todos”.

Back to top button