A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Novos arrastres pola auga volven deixar zonas da Rúa inundadas e cheas de barro

 

Unha vez máis, A Rúa volveu sufrir os efectos dos arrastres provocados polas chuvias nas zonas queimadas, deixando vías da vila anegadas e cheas de lama tal como pode verse neste vídeo grabado por unha veciña.

 

 

Así pasaba na tardiña do mércores 11 de novembro na rúa Progreso (preto da avenida de Almendralejo) onde foron requeridos polo CIAE 112, voluntarios de Protección Civil da Rúa, por “anegamento e acumulación de lama na vía pública”, xunto cos bombeiros, Policía Local, Garda Civil e persoal do Concello. “Realizáronse tarefas de limpeza da beirarrúa pola seguridade dos viandantes”, explican.

 

 

A auga tamén inundaba outras zonas como o paso soterrado preto de Correos, cortado ao tráfico.

 

Cedida.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button