CulturaCulturaEn portadaMúsicaÚltima horaVídeos

Nuevo Plan e Miguel Costas, no escenario da VI Festa do Casco Vello do Barco

 

Continúa cunha numerosa asistencia a VI Festa do Casco Vello do Barco, que se celebra dende o venres 14 de xuño na praza Maior desta vila valdeorresa. Na tardiña do sábado reabrían arredor das oito as casetas dos cinco bares promotores da iniciativa e a partir das 22h. a música volvía ao escenario desta celebración.

 

 

Primeiro podía escoitarse a banda ferrolá Nuevo Plan, de versións de pop-rock español, e, xa contra as once e media acompañábaos Miguel Costas, fundador de Siniestro Total, que facía bailar e cantar ao público repasando coñecidos temas deste grupo.

 

 

Despois actuaba novamente Nuevo Plan e pola unha da madrugada tomaban o relevo musical Dj Dani Argü e Amadeo Dj.

A Festa do Casco Vello despedirase na tarde deste domingo 16 de xuño con novas propostas gastronómicas e musicais. Así dende as 22h. soará a banda Smokey Blue.

Fotos e vídeos: O SIL

Back to top button