O túnel do terror era un dos referentes do Samaín Obarcoaberto que se celebraba cunha notable participación ao longo deste 25 de outubro cun programa completo de propostas de mañá e tarde. Pola tarde mantíñanse o fotocall, fotomatón e pintacaras nas carpas instaladas na praza do Concello do Barco en horario de 19:00 a 21:00 h.
Ademais, ás 19:30 horas tiña lugar no pavillón vello da vila o primeiro paseo do túnel do terror, que continuaba cun novo pase ás e 21:00 horas, tanto para nenos como para adultos. Numerosas persoas facían cola para participar nesta proposta.

Os participantes, para poder acceder, tiñan que entregar un tícket de compra (dos días comprendidos entre o 20 de outubro e o 25 de outubro) dalgún establecemento asociado por importe mínimo de 5 euros. Por iso tiña acceso un adulto e un neno (menor de 12 anos). Sen ticket de compra a entrada en despacho de billetes era de 5 euros por persoa. Co diñeiro recadado en despacho de billetes sortearase un vale ou vales de compra (dependendo da cantidade recadada) na campaña de Nadal.
Fotos: Carlos G. Hervella.
