EconomíaEconomíaÚltima hora

O 24 de maio e o 14 de setembro serán os festivos locais no Barco no 2027

Casa do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

Na sesión plenaria celebrada na tarde do 3 de setembro pola Corporación municipal do Barco tamén se aprobaban os festivos locais no concello para o vindeiro ano 2027. As datas que se decidían, por unanimidade, eran o 24 de maio (día de Santa Rita) e o 14 de setembro (día do Cristo).

“Estas datas sempre se consensuaron coas asociacións de comerciantes, co comercio, a nós danos igual un día que outro. Pero o sábado é un día importante para o comercio e ese foi o motivo de que se pase o festivo da Santa Rita para o luns. Tamén é certo que se se mantén o sábado moita xente que ten outro tipo de actividades laborais perdía ese festivo e así o luns ten un día festivo tamén”, explicaba o alcalde do Barco Aurentino Alonso.

Back to top button