ConcellosO BarcoÚltima hora

O 4 de novembro non se recollerá o lixo no Barco por ser festividade do patrón do gremio da limpeza pública

Un dos camións de recollida de residuos no Barco.

 

Dende o Concello do Barco vén de informarse de que, con motivo da celebración da festividade de San Martín de Porres (patrón do gremio da limpeza pública), os traballadores do servizo de recollida de lixos e limpeza viaria deste Concello non traballarán mañá, día 4. “Por este motivo, non se realizará limpeza viaria durante toda a xornada, e tampouco se recollerá o lixo pola noite”, explican dende o Concello.

Ademais, dende esta administración local rógase á veciñanza que colabore “tratando de non depositar mañá as súas bolsas de lixo nos contedores e, no caso dos comerciantes, que non deixen o cartón no exterior dos seus establecementos xa que tampouco se procederá á recollida do cartón porta a porta que se fai habitualmente os martes”.

Back to top button