A edición número 54 do Descenso Internacional do Miño de Ourense presentábase esta mañá no slaón de plenos de Ourense, nun acto ao que asistiron o concelleiro de Comercio e Urbanismo en funcións, Antonio Fernández, o asesor de Deportes do Concello, Aníbal Pereira, o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández Bermejo, e o directivo da Federación Galega de Piragüismo, Santiago Carvajal.
A proba, que patrocina o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, é unha das máis lonxevas do calendario deportivo ourensán. Desenvolverase o domingo, 11 de xuño, cunha distancia de 16 km con saída desde Os Peares e desde Barra de Miño ás 11.30 horas, e chegada na Batundeira, Velle, ás 12.30h.