Desde o IES Martaguisela do Barco de Valdeorras veñen de celebrar moi boas novas. “O 90% do alumnado aprobou a PAU e obtivemos cinco excelencias detalladas”, din dende o centro moi orgulloso destes resultados polo que quere felicitar a alumnado, profesorado e persoal non docente, “a pesares de lamentar novamente os incidentes na elaboración das probas PAU a cargo da CIUG e coa esperanza e o desexo de que solucione xa en futuras convocatorias”.
A nota máis alta foi a de Nerea López García (13,37), seguida da súa irmá Eva López García (13,34). Diego Nogueiras Pérez sacaba 12.98; Alicia Domínguez Cortés 12,86; e Paula Ares Couso 12.79.





Noraboa a todos!
