
Dende as 9h. desta mañá está interrompida a circulación na estrada A-52, á altura do punto quilométrico 128, no municipio da Gudiña debido a un accidente de tráfico. Un vehiculo articulado quedaba cruzado na vía, ocupando os dous carrís sentido Vigo, por neve, segundo informa a Garda Civil.
A circulación está desviada no punto quilométrico 124 cara a N-525. No lugar hai maquinaria traballando.