
O certame internacional CINVE, que cumpre 22 edicións para viños e espirituosos, entregaba os seus premios en Madrid o pasado xoves 21 de maio, nos que tamén se recoñecía ás mellores calidades de aceites de oliva virxe estra (AOVE). Neste concurso, que avaliaba case mil mostras de diferentes países, resultaban premiados 2 viños e 2 aceites producidos na Ribeira Sacra, en concreto, no municipio lucense de Quiroga. As súas sesións de cata desenvolvíase en Cáceres, do 26 ao 29 de marzo de 2026. También recoñecéronse as mellores calidades de aceites de oliva virxe extra (AOVE) no ámbito internacional.
Na categoría de aceites de oliva virxe extra destacaba a empresa Ouro de Quiroga S.L., a única de España que conseguiu 2 premios para os seus aceites, un deles o Antigo Reino Coupage 2025, recentemente posto no mercado e, o outro, OQ Mansa e Brava 2025, elaborado con variedades autóctonas galegas, que se gañou un gran prestixio no mercado nos últimos anos.
Na súa categoría, este produtor foi o único de Galicia premiado, competindo con elaboradores doutras rexións españondas, entre outras, Andalucía, Estremadura e Madrid, e doutros países como por exemplo Grecia, Turquía, Brasil, Arxentina ou Emiratos Árabes Unidos.
En canto a viños brancos, a adega quiroguesa Edv 2015 S.L. obtivo un meritorio Diploma Gran Oro para o seu viño As Covas 2019.
A xa citada Ouro de Quiroga S.L. obtivo también un diploma de ouro para o seu Godello Lareira de Ricobao 2024, o que demostra o seu bo facer también na faceta vinícola.

“Estes premios non fan senón acreditar a calidade dos produtos elaborados na Ribeira Sacra, que están gañando a paso firme un gran recoñecemento no mercado, sendo cada vez más solicitados por restaurantes de alta cociña e tendas Gourmet de todo o país”, destacan os produtores premiados. “Dentro da Ribeira Sacra, como así despréndese do resultado neste certame, destaca a variedade e calidade dos produtos agrícolas do Val de Quiroga- Ribas de Sil, que conta cun microclima singular e cunha diversidade de chans fértiles que permite obter froitos excepcionais que son a mellor materia prima para elaborar os aceites e viños agora premiados”, enganden.
Así mesmo, lembran que hai pouco dábanse a coñecer, no marco do Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga, os resultados dun estudo da Universidade de Vigo, sobre os efectos beneficiosos que o consumo habitual de aceite virxe extra de Quiroga, de variedades autóctonas de oliva galegas, tiña sobre persoas diabéticas, especialmente aquelas con peores síntomas. Segundo os especialistas responsables do estudo, parte diso débese ao alto contido de polifenois do aceite de Quiroga, que é excepcionalmente maior que o da maioría de aceites doutras latitudes.
