DeportesÚltima hora

O Adas Cupa conquista unha ducia de podios no galego Sub10 e Sub12

 

As pistas da UDC de Elviña (A Coruña) acollían o 8 de xuño o Campionato Galego Sub10 e Sub12 individual de atletismo. A cita contaba cunha boa representación de atletas do Adas Cupa do Barco que colleitaban un total de 12 podios.

Así Izan González era bronce nos 50 m e na lonxitude Sub10, Eiden Ferrer facíase co ouro en altura e en lonxitude Sub12, mentres que David García era prata nesta última proba. Nos 60 m Sub12 o conxunto do Adas (formado por Roi Gallego, Eiden Ferrer, David García e Xoel Blanco) ganaba, mentres que nos 60 m Sub10 o equipo valdeorrés (Izan González, Diego Espido, Lucas Paradelo e Mario Pais) lograba a terceira posición.

Na competición feminina, Valentina Barreda quedaba primeira en altura Sub10 e segunda en lonxitude, mentres que Ana Basalo era segunda en peso (2 kg) e Antía Guntiñas sitúabase terceira nos 1.000 m marcha. Finalmente, o conxunto do Adas (Paula Crespo, Lía Vázquez, Inés Fernández e Leire Gil) conseguía a medalla de bronce nos 60 m.

Fotos: FGA.

Back to top button