A localidade de Bertamiráns (Ames) acollía neste 19 de outubro o Campionato de España de 5 km en ruta máster, cunha notable presenza do Club Adas Cupa do Barco. Nel, estes atletas lograban ata tres podios por clubs: así o equipo feminino F45 facíase co ouro, o mesmo metal que lograba o conxunto do Adas en M35, mentres que o M50 sumaba unha prata.
A nivel individual, cabe destacar as vitorias de Ignacio Ramón en M35 e o segundo posto de Emilio Pérez nesta mesma categoría, mentres que Esther Rodríguez se facía co título en M35.
Fotos: FGA.