DeportesÚltima hora

O Adas Cupa do Barco colleita media ducia de medallas no campionato galego Sub16

 

Os atletas valdeorreses veñen de demostrar, unha vez máis, o seu talento deportivo. Desta volta era no Campionato galego Sub16, que se desenvolvía o 6 de xullo no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Os representantes do Club Adas Cupa do Barco sumaban ata media ducia de podios en diferentes disciplinas. Así Aaron Pérez Giraldo conquista dous ouros, un nos 100 m e outro na lonxitude. Ouro tamén para Mateo Valcarce Fernández nos 3.000 marcha masculina, mentres que Paula Cela facíase co bronce nesta mesma proba pero en categoría feminina.

Ademais Tania Peláez conseguía un bronce nos 300 m femininos e o equipo do Adas ganaba a prata no 4×100 masculino (Pablo Álvarez, Saúl Crespo, Héctor López e Aarón Pérez”. O equipo feminino deste club quedaba ás portas do podio, clasificándose en cuarta posición.

Fotos cedidas.

Back to top button