DeportesÚltima hora

O Adas Cupa do Barco conquista tres metais no Trofeo de Marcha en pista, en Cervo

 

Ata tres podios conseguía o equipo do Adas Cupa do Barco no Trofeo de Marcha en pista que se desenvolvía esta mañá de 21 de abril en Cervo (Lugo). Así Mateo Valcarce Fernández facíase co primeiro posto nos 3.000 m marcha en Sub16, mentres que Antía Guntiñas Gómez era segunda nos 1.000 m marcha en pista Sub10 e Paula Cela Núñez clasificábase terceira nos 3.000 m marcha Sub16.

Unha vez máis os atletas valdeorreses veñen de demostrar a súa calidade nesta disciplina atlética.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button