DeportesÚltima hora

O Adas Cupa do Barco segue sumando podios na marcha galega

 

Con ata catro metais se facían os representantes do Club Adas Cupa do Barco que participaban o 4 de maio no Trofeo de Marcha en pista que se celebraba en Santiago de Compostela. Así o cadete Mateo Valcarce impoñíase nos 3.000 m marcha cunha marca de 15:00.95, mentres que nesa mesma categoría Paula Cela rozaba o podio, ao clasificarse cuarta cun rexistro de 16:47.38.

 

 

Por outra banda, Xoana Méndez lograba un segundo posto nos 5.000 m marcha femininos, ao completar a oriba en 29:37.47. Segunda era ademais Antía Guntiñas en benxamín 1.000 m marcha, cunha marca de 6:11.93, mentres que Irina Sánchez entraba terceira nos 2.000 marcha Al cun tempo de 11:09.96

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button