Unha edición máis, tanto visitantes como veciños e responsables dos postos do Mercado Medieval de Tremiñá (O Barco), que se desenvolvía na pasada fin de semana, tiñan un punto de encontro para descansar, picar algo, tomar un grolo e mesmo botar un baile: a taberna O Alambique.

Ambientada perfectamente no medievo ofrecía tanto o seu espazo interior, como unha terraza onde refrescarse á tardiña e á noitiña, esta taberna ábrese en cada edición dentro desta feira medieval para animar o ambiente.
Fotos cedidas.
