
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde do concello ourensán da Veiga, Juan Anta, para explorar vías de colaboración nas materias do seu departamento.
Así, o representante da Xunta coñeceu de primeira man as necesidades e os proxectos do municipio nas áreas vencelladas á dinamización da cultura ou á protección e conservación do patrimonio. Tamén con accións de impulso da lingua galega ou con actividades que teñen que ver coa xuventude