ConcellosManzanedaÚltima hora

O alcalde de Manzaneda, na toma de posesión de monseñor Jesús Fernández como bispo de Córdoba

 

Monseñor Jesús Fernández González, quen fora bispo de Astorga e ata agora bispo electo de Córdoba, monseñor Jesús Fernández González, tomaba posesión da Cátedra neste 24 na Santa Iglesia Catedral desta cidade andaluza.

Estaba acompañado por dous cardeais, unha trintena de arcebispos e bispos, o representante da Nunciatura Apostólica, o clero diocesano e sacerdotes de Astorga, entre eles os da parte galega, como o padre Carlos Salazar, o párroco de Manzaneda, ademais de diversos representantes institucionais como o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, que era ademais o único cargo local galego presente no acto. Unhas tres mil persoas que asistiron á celebración.

Na súa homilía, o novo bispo de Córdoba proclamaba a súa pertenza a unha Igrexa peregrina da esperanza, a unha Igrexa de chamados, e ao servizo da misión para “saír ao rescate dos nosos irmáns pobres e sufrientes” e manifestou a súa adhesión ao proxecto dunha Iglesia sinodal que camiña unida.

Fotos cedidas.

 

Back to top button